A renuncia do alcalde de Cerceda José García Liñares coma deputado provincial, despois da súa condena de ano e medio de cárcere por unha contratación, o PSOE atopouse conque esgotara a lista de candidatos suplentes para substituílo, polo que a Xunta Electoral Central convocou unha elección complementaria, encomendándolle ao secretario xeral da Deputación que presida e faga a elección de deputado segundo prevé a lexislación.

Deste xeito, acordouse convocar para o 14 de marzo ás seis da tarde unha sesión plenaria no Pazo Provincial para elixir o novo deputado entre os concelleiros socialistas dos municipios do partido xudicial da Coruña.

Nesta sesión serán sometidas a votación a lista ou listas presentadas polos concelleiros, avaladas polo menos por un terzo dos mesmos, que incluirán un candidato titular e tres suplentes.

As listas de posibles candidatos do PSOE para ser deputados deben presentarse por escrito no rexitro provincial antes das 14.00 horas do próximo 13 de marzo.