A Garda Civil de Oleiros levantou acta de denuncia a cinco persoas sorprendidas cando sacaban ourizos de maneira ilegal en Santa Cruz. Os axentes sorprendéronos con 300 kilos agochados en cestos entre as rochas. Gardacostas xa os devolveu ao mar.