Os alumnos do IES David Buján saíron onte do centro educativo co obxectivo de lembrar á poboación a conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro o vindeiro domingo 24 de febreiro. Os alumnos e alumnas repartiron flores feitas con material de reciclaxe que entregaron aos veciños e veciñas da vila. Tamén aproveitaron para saudar e entregarlle unha flor ao alcalde, Óscar García Patiño.