Sophia Vivas López, estudiante de doce anos do instituto Xosé Neira Vilas de Oleiros, foi a gañadora do concurso Cartel de la Paz que como cada ano organizou o Club de Leones de Oleiros. Esta oleirense foi a gañadora entre os participantes do concurso, pertenecientes aos institutos do municipio e con idades entre os once e os trece anos. O cartel que pintou Sophia Vivas tamén pasou a unha final deste concurso que organizan os Leones a nivel mundial, representando a España.