Damián Vail Alonzo, que leva loitando máis de vinte anos polos dereitos dos indíxenas en Guatemala, visitou onte o Concello de Oleiros para asesorarse co alcalde Ángel García Seoane porque se vai presentar ás eleccións municipais que se van facer nese país en xuño polo partido Winaq, movemento creado pola premio Nobel Rigoberta Menchú. Vail impulsou no seu municipio varios proxectos da man de entidades coma Arquitectos sen Fronteiras dirixidos a construír escolas e vivendas ademais de plans de hixiene.