Un home de 65 anos faleceu o pasado venres pola tarde cando lle caeu enriba unha árbore en A Laracha. O accidente mortal produciuse na parroquia de Golmar. A vítima era veciña de Gosende, na parroquia de Soutullo, e estaba cortando pólas dun castiñeiro e caeulle enriba. O 112 de Emerxencias deu o aviso.

A vítima atopábase inconsciente e preto del había un tractor apagado. Sen embargo os servizos médicos ao chegar só puideron confirmar o falecemento. Ao lugar acudiron axentes da Policía Local, Protección Civil e Garda Civil.

En 2009 tamén morreu no municipio de A Laracha un veciño de 64 anos cando estaba cortando uns pinos. O home estaba talando unha finca da súa propiedade cando se lle veu enriba unha das árbores que cortaba. Neste caso foi trasladado con vida ao hospital de A Coruña pero morreu ao pouco tempo de chegar.