O BNG de Oleiros anunciou que organizará unha "acción poética simbólica" a semana próxima para festexar a Rosalía de Castro na avenida de Perillo que leva o seu nome, co obxectivo de contribuír a visibilizar a súa obra. A formación tamén anima a festexar hoxe, 24 de febreiro, o Día de Rosalía agasallando cun libro e unha flor. O Concello festexa hoxe tamén este día cun acto en As Torres.