Tres mozos tiveron que ser rescatados esta tarde do río Mero, preto da presa da Telva no municipio de Cambre, cando foron arrastrados pola corrente mentres se bañaban. Axentes da Policía Municipal e un veciño da zona conseguiron sacalos da auga.

Un dos rapaces conseguira agarrarse a un dos piares da presa para non ser arrastrado e foi máis difícil sacalo da auga.

Os tres foron rescatados ilesos, só presentaban algo de hipotermia, e non foi necesaria atención médica, e puideron voltar á casa polo seu propio pe. O río Mero ten zonas de moita profundidade.