Case 150 atletas participaron onte no I Duatlón Cros de Meirás-Sada, que incluíu proba individual e carreira por parellas. O campión galego de 2018 Manuel Piñeiro do Cidade de Lugo foi o gañador desta proba organizada por Trisada, Clube Ciclista de Sada, Concello e Federación Galega de Triatlón. Recorreron case 8 kilómetros a pé, outros 19 foron en bici de montaña e para rematar, outros 4,3 kilómetros a pé.