O fotógrafo e deseñador Alberto Sánchez Regueiro será o candidato á Alcaldía do BNG de Cerceda. Concelleiro no presente mandato, o novo candidato está moi vencellado co ecoloxismo e tamén e membro do Consello Comarcal do BNG na comarca da Coruña.

O recén nomeado candidato afirma afrontar o reto con "ilusión" e promete "traballar para converter o concello na casa común de todas as mulleres e home de Cerceda". "É moita hora de poñer por diante á veciñanza, con igualdade, con transparencia, con participación social, respecto e rigor. É moita hora de escoitar á xente de Cerceda", destaca o candidato.