Desde onte hasta o próximo día 13 de marzo estará aberta a inscripción para participar no XXX Tríatlon Concello de Oleiros, que se disputará o 11 de maio en Mera. Nesta proba para todas as categorías a distancia será de 750 metros de natación, 21 kilómetros de bicicleta e 5,5 kilómetros de carreira a pé. A salida será ás 16.00 horas.

Poden participar todos os deportistas integrados na Federación Galega de Tríatlon e as persoas que fagan licenza dun día (achegando fotocopia do DNI). O prezo é de 15 euros.

O 14 de marzo publicarase a listaxe de persoas preinscritas na web municipal e ao día seguinte ás dez da mañá haberá sorteo público en A Fábrica se hai más solicitantes que prazas. O prazo de pago irá do 21 ao 26 de marzo.