Ata cinco telleiras traballaban a mediados do século pasado en Nós para fabricar tellas e ladrillos. Ésta foi unha das cousas que aprenderon onte nenos de terceiro de Primaria do colexio Juana de Vega de Nós gracias á charla que de cinco maiores de Oleiros que asisten aos talleres de memoria: Visitación, María, Josefa, Manolo e Valentín. Tamén trouxeron pezas feitas con barro e utensilios coas que se fabricaban. Esta actividade interxeracional repetiráse mañá venres con outro grupo de estudiantes deste colexio.