Coleccionistas, unha comedia recomendada para maiores de 12 anos, representaráse este sábado día 30 no auditorio Gabriel García Márquez de Mera ás 20.30 horas. A compañía Ainé Producións levará esta montaxe ao escenario baixo a dirección de Oswaldo Digón, que tamén é un dos actores xunto con Marcos Pereiro, Santi Romay e Cristian Leggiero que acompañará a obra con música. O prezo das entradas é de 3,50 euros e poñeránse á venda unha hora antes da función.