04 de abril de 2019
04.04.2019
La Opinión de A Coruña

Fran Rei perfílase para ser por terceira vez o candidato polo BNG de Oleiros

03.04.2019 | 21:55
Fran Rei.

O BNG e Ciudadanos son os dos únicos partidos que quedan en Oleiros por presentar candidato. O Bloque, mañá venres, fará un acto para anunciar que Fran Rei, actual voceiro municipal, presentará a súa candidatura para encabezar de novo a lista de cara á Alcaldía de Oleiros.

Os nacionalistas farán una asamblea de elección de candidatura o próximo día 11, pero espérase que só se presente a de Fran Rei, que xa foi número un nas anteriores eleccións. O acto de mañá, ás 20.00 horas no restaurante O 13 de Santa Cruz, será un evento informal e aberto no que haberá tamén pinchos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es