Por que escolleron o Catuxa e non outro equipo para este documental?

O sogro de Fran (Naveira) xogou no Catuxa e eu pasei parte da miña infancia alí. Teño tíos na Catuxa. Acórdame de ir coa miña nai. O feito de ter esa vinculación con esa aldea. Outro dos motivos é que como foi un equipo que estivo pouco tempo federado foi todo máis fácil. É hai outra cousa que é fundamental. Eu falei con amigos de vinte poucos anos e descoñecían o título oficial que ten. É por en valor o título e o camiño que abriu esa xente. O fútbol era o única diversión que tiñan naquela época.

Por que desapareceu o club?

O Catuxa desapareceu porque a federación galega en aquel momento dictaminou unha serie de normas. Medidas no campo, vestiarios no campo... O Catuxa tiña un campo moi pequeno e para ampliar necesitaba facerse cos terreos colindantes. Foi inviable. Os vestiarios naquela época estaba no bar da aldea. Despois seguiron como peña.

Que descubriu facendo este documental?

O fútbol era o elemento de unión. Descubrín o que realmente lle aportada o fútbol a esa xente. Hai un detalle moi bo que nos conta Pepe de Lago, que cando viñan ao cine de Arteixo decían que sen o fútbol non se vivía. Este Pepe nos conta que cando el viña ao fútbol que a xente falaba nos descansos das películas cos demais. Antes era a única diversión que tiñan: cine ou fútbol.

O fútbol como elemento de unión mantense igual agora?

Nada que ver. Antes o fútbol era un deporte de masas. O fútbol agora está... non sei que calificativo poñer. Eu, sinceramente, estou aburrido do fútbol. Eu xa non vexo fútbol. A televisión está acabando co fútbol. Antes a vila estaba implicada. Antes, unha vez rematado o campionato ligueiro facíanse eses típicos partidos de solteiros contra casados. Eu aínda xoguei na miña aldea eses partidos e era un dos días máis agardados. Estamos nun momento da sociedade que pouco me gusta. Xa nin falamos entre nós e as présas. Este documental ten ese toque nostálxico.