Por que a xente debería ver este documental?

Fundamentalmente debería ver este documental do Catuxa porque non fala do fútbol. É unha excusa marabillosa o fútbol para falar das cousas importantes. O fútbol é importante, pero hai outras cousas importantes. Nós utilizamos a excusa do fútbol para contar a historia dun pequeno lugar, dun pequeno pobo, que é Arteixo. Debería velo porque ao final contamos a historia dun lugar, pero que serviría para contar a historia de case calquer lugar.

Ensinan como era a vida naqueles anos?

Claro, utilizamos o fútbol para que nos conten como vivían, xogaban e como interactuaban. O fútbol era un punto de unión no que despois se comentaba no resto das cousas. Utilizamos o fútbol porque ten moito tirón, pero falamos da vida dun pobo. As anécdotas e as vivencias

Axente sorprendíase cando lles dicían que querían facer este documental?

Non era unha cuestión de sorpresa, senon máis de incredulidade, de que alguén se acercara a eles coa intención de que lle contaras a súa historia e as súas vivencias. E ao final que quixeras saber da súa vida. Era casi como que se eu non fora importante. Ao final te das conta de

que son vidas incribles.

Que lle aportou facer este documental?

Descubrín que a xente é incriblemente máis cidadá do mundo do que se cre. As historias que me contaban estaban repetidas en moitos outros lugares, contadas por outra xente, en moitos outros documentais que fixen. A xente que se cre menos importante ten historias realmente incribles e que merecen ser contadas. Me aportou a nivel profesional coñecera un grupo de persoas que non nos coñecíamos a nivel persoal.

Por que se apuntou a facer este documental?

Hai unha frase que se repite moito ultimamente neste pobo: xunteime con Xabier Maceiras e lioume para facer este traballo. É unha frase que escoitaba e agora entendo. É totalmente culpa de Xabier Maceiras.