O departamento de Servizos Sociais iniciará o próximo 25 de abril o Programa Volvoreta 2019, un conxunto de obradoiros participativos e vivenciais dirixidos a todas as mulleres que están na procura de emprego, co fin de axudalas a atopalo. É necesario ser veciña de Oleiros e estar en proceso de búsqueda activa de traballo. O prazo para presentar a solicitude no Rexistro municipal abrirá o próximo luns día 15. Hai só quince prazas.

Este obradoiro inclúe quince sesións de 10.00 a 13.00 horas os martes e xoves no centro municipal de formación de Os Regos. A primeira sesión, coa colaboración da Asociación Daleth, centraráse en descubrir as capacidades e potencialidades para o emprego das mulleres participantes. O obxectivo é mellorar as posibilidades de acceso ao mundo laboral da muller a través dunha metodoloxía na que poderán explorar todo o seu potencial e adquirir as ferramentas para acceder a un emprego, conseguindo un posto nunha empresa ou mediante o emprendemento.

O autocoñecemento, a confianza, a mellora da autoestima e a eliminación das crenzas limitantes, a través de técnicas de coaching e educación emocional, serán parte do contido das sesións, así como o manexo das situacións de estrés, mellora da linguaxe e da comunicación.