O arquitecto de 32 anos veciño de Tabeaio Boris Morandeira, será o cabeza de lista polo BNG de Carral de cara ás próximas eleccións municipais de maio. Morandeira anunciará o próximo martes día 23 ás 20.00 horas no Centro Toñito Espiñeira a súa candidatura completa además de anunciar as liñas mestras do seu proxecto.

A formación nacionalista lembra que quedou "a unhas papeletas de entrar na anterior corporación local e ese é o obxetivo que se fixa para estas municipais.

O Bloque sinala ademáis que Boris Morandeira a pesar de ter só 32 anos "acumula unha grande experiencia no tecido asociativo e cultural", que compatibiliza coa súa actividade profesional como traballador nunha empresa de construcción e reformas comerciais.