O Bloque de Oleiros amosou onte as liñas principais do seu programa electoral e destacou o feito de que é "o programa electoral" dos veciños, pois fíxose coas propostas e ideas que lles aportaron nas asembleas abertas, por correo ou redes sociais. Dende hoxe xa se pode consultar na súa páxina web e en canto arrinque a campaña irán "casa por casa", nun reparto diario de trípticos electorais, como anunciou o candidato, Fran Rei, quen tamén adiantou que esta campaña "non vai ir contra ninguén" senon que o BNG se vai caracterizar por "unha capacidade dialogante" e sempre sendo "un muro contra a dereita".

Rei lembrou que os nacionalistas xa estiveron no goberno, entre 2003 e 2006, e teñen experiencia e coñecemento. Na presentación o número 5 da lista,Uxío Pedreira, sinalou que o BNG leva vinte anos con representación na corporación oleirense e cun gran traballo a pesar dos "poucos medios". A número 8 da lista, Iria Taibo, desmiuzou as principais liñas do programa nacionalista, no que destaca a aposta por outro modelo de urbanismo, non extensivo que destrúa bosques, e ampliando espazos protexidos (lagoa de Mera, Naval). Tamén suliñou a posta en marcha dunha bolsa de vivenda municipal promocionan o alugueiro e a declaración de Oleiros como cidade libre de desafiuzamentos.

Revisar o plan municipal de igualdade, crear un Centro de Imformación á Muller, traballar polo benestar animal e fomentar a transparencia do goberno, son outras das liñas que onte adiantou o Bloque.