Outro dos temas que van á Xunta de Goberno no Concello de Oleiros é a aprobación do arrendamento do restaurante municipal de A Fábrica polo procedemento negociado sen publicidade despois de que quedara deserta a licitación pública. O mesmo día que se declarou deserto o procedemento mediante decreto de Alcaldía, unha persoa, cociñeiro a domicilio de A Coruña, presentou unha oferta e foi admitida no procedemento, aceptando todas as condicións do prego, como o pago dunha renda mínima de 18.392 euros ao ano e unha xestión por un prazo de dez anos en total.