A Xunta doulle luz verde no trámite ambiental e o Goberno local de Oleiros vai levar agora, ao próximo pleno deste mes, a proposta para aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) co fin de reclasificar 3,2 hectáreas de solo urbanizable delimitado en solo urbanona zona de Monte Sino, un ámbito entre Montrove, a igrexa de Liáns e o parque dos Veciños, onde máis da metade das parcelas xa están edificadas. Esta modificación permitirá construír ata dez vivendas máis, o que ata agora non se podía facer.

O PXOM aprobouse parcialmente en 2009, e de forma integral e definitiva en 2014 pero o Goberno local asegura que en todo estes anos ninguén se dou conta nin protestou porque o planeamento clasificase "erróneamente" estes terreos do sector denominado SUD-7 como solo urbanizable cando a realidade fáctica é que son urbanos porque están integrados na malla urbana, teñen acceso rodado público e todos os servizos (auga, evacuación de augas residuais, suministro de enerxía eléctrica).

A proposta do Executivo insiste nas razóns de "interese público" para facer esta reclasificación e deixar claro que non responde aos intereses particulares dos veciños, que resultan beneficiados. O Concello dí que é gravoso para eles que sexa solo urbanizable porque lles obriga a cesións que non lles corresponde e fai que o desenvolvemento urbanístico dos terrenos que quedan sexa "inviable".

Con esta modificación do PXOM tamén se anchea a rúa Sofía Casanova ao final, nun fondo de saco. Os propietarios tiñan adscrito no plan, tamén se supón que erróneamente, terreos para ampliar o parque metropolitano dos veciños pero acordouse mediante un convenio con eles o pasado mes de marzo que financiarían a consecución deste sistema xeral e dos terreos para ampliar o vial, mediante unha expropiación que pagarán eles.

Pista de patinaxe. Outra das propostas que irán a pleno é incluir na segunda fase do programa POS+ Adicional da Deputación un dos proxectos máis esperados en Oleiros polos amantes da patinaxe e longamente reclamados por moitas familias: unha pista de velocidade. Custará en total 430.419 euros, dos que a Deputación porá 413.561 e o Concello, 16.858 euros.