O Concello da Laracha sacou a licitación o proxecto de mellora dos accesos á praia de Caión dende a avenida da Laracha. Melloraránse os itinerarios para viandantes e o ámbito de circulación dos vehículos. Crearáse un espazo peonil de 250 metros de lonxitude que conectará coa beirarrúa que hay na avenida da Laracha, dándolle continuidade á praia. A calzada ampliaráse para ter dous carrís, un por cada sentido de circulación. O Goberno local concluiu recentemente o proceso de adquisición dos terreos afectados por esta actuación. O proxecto está valorado en 75.309 euros, financiados por Concello e Deputación.