Un bo profesorado, motivado e implicado, pode poñer un centro educativo na vangarda. Así ocorre co colexio de Infantil e Primaria Isidro Parga Pondal de Santa Cruz. Onte a conselleira de Educación Carmen Pomar visitou as instalacións e falou cos nenos nas aulas, antes de felicitar a toda a comunidade escolar pola súa implicación e por todos os programas innovadores que levan a cabo.

O Parga Pondal sumouse dentro o primeiro ano en que o puxo en marcha a xunta ao Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, e é plurilingüe dende 2010.

O centro educativo tamén participa en varios contratos-programa: a liña 1, de reforzo, orientación e apoio (PROA) dixirido a mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades; a liña 3 de mellora da convivencia e promoción da igualdade, con todas as accións que mellores o clima escolar e as relacións entre a comunidade educativa; a liña 4, centrada na prevención do abandono educativo temperán e do absentismo escolar; e a liña 5, orientada a mellorar o nivel de coñecementos dos alumnos para acadar a excelencia.

O Pondal ademais forma parte do Plan Proxecta, onde se trata de adquirir competencias a través de actividades de voluntariado dirixidas a fortalecer a educación en valores solidarios dende realidades concretas, adaptadas ás idades dos alumnos.

A conselleira visitou aos dous grupos de alumnos de altas capacidades que existen no centro e os docentes explicáronlle o método de traballo que empregaban. A convivencia e a inclusión do alumnado nas aulas é unha das preocupacións deste colexio e Carmen Pomar soubo de iniciativas deste tipo que se puxeron en marcha, como os Mediadores Escolares, xa dende o ano pasado, onde os propios rapaces (de sexto de Primaria) resolven os seus conflictos, son mediadores infantís. Teñen ata unha caixa de correo para deixar por escrito algún problema que queren resolver. Tamén contan cun plan onde os maiores se fan responsables, cada un deles, dos máis pequenos.

O centro educativo oleirense tamén leva a cabo unha iniciativa de patios activos, no que participan tamén profesores e alumnos da Facultade de Terapia Ocupacional da Universidada Coruña (fan prácticas nestas aulas). Neste caso trátase de que na hora do recreo o patio teña actividades inclusivas, non sexa ademáis só fútbol.

Tamén contan con rapaces que por turnos limpan o patio recollendo toda a basura que se tira. Unha profesora do centro Alicia Tojeiro, foi unha das dez finalistas dos Premios Educa Abanca de mellor docente de España en 2018.