Mentres todos estaban enfocados na análise dos resultados electorais e nas futuras conversas para pactos en moitos casos, nas instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Santa Cruz había unha festa: acababan de ser pais de dous poliños de píllara das dunas, en castelán chorlitejo patinegro. Os exemplares naceron despois dun proceso de incubación artificial, tras ser atopados os ovos preto da praia de Corrubedo, onde corrían perigo de ser alcanzados polas mareas vivas.

Son os dous primeiros exemplares de píllara deste ano 2019 no centro de Santa Cruz, onde tamén oclosionaron en 2018 outros catro, duns ovos atopados nas praias de Esmelle e Doniños en Ferrol, e que xa foron devoltos ao seu medio natural.

Ave do ano

A píllara das dunas é unha especie vulnerable presente en toda a costa galega e da que se constata que está en progresiva disminución. A ONG SEO/Birdlife dedicou o ano 2019 a este especie. En primavera e no outono aumenta a súa presencia pola chegada de grupos migratorios. Os dous poliños seguirán sendo coidados polo personal do centro de Santa Cruz ata que poidan ser devoltos e liberados na praia de orixe.