18 de junio de 2019
18.06.2019
Ángel García Seoane

"Volverei intentar entrar na Coruña, non saben o que se perderon"

"O prioritario estos catro anos son as infraestruturas viarias, para toda a comarca. En Oleiros, manter o que hai, que custa moito"

17.06.2019 | 23:37
Ángel García Seoane.

Aínda recibe chamadas de felicitación con cada inicio de mandato, de alcaldes...?

Centos de chamadas, de veciños. Alcaldes, poucos, por non dicir case ningún. Téñenme como a besta negra da comarca, agora máis ca nunca, e non sei por que tanto temor, porque eu só defendo as cousas que son boas para a área.

Corenta anos gobernando nun dos concellos de maior poboación de Galicia, maioría absoluta, dous alcaldes e 28 concelleiros. Algo insólito nun partido independente como Alternativa dos Veciños.

É insólito a nivel de Galicia e a nivel nacional. Hai alcaldes que levan cincoenta anos, pero do PP e en concellos pequenos, que lle pos alí un pastor alemán e da igual. Pero Oleiros é un municipio de xente culta, con criterio. Subir mil votos nun concello coma este... Pero esperaba máis concelleiros, tres ou catro. Temos presencia en concellos de toda a comarca menos na Coruña.

É difícil chegar ao 5%.

Pero por que Ciudadanos pode ter concelleiro e nós non? Nós non somos aparecidos, non somos unha sigla. Cando apareceu a Marea sacou dez concelleiros e ninguén os coñecía. E nós somos un partido coñecido, cunha historia detrás, un traballo bastante ben feito, sabemos de política municipal. O da Coruña é un grano en...

Pero dentro de catro anos volverá a intentar entrar na Coruña, non?

Si, volverei intentalo, eu son dos que machaco. Volveremos intentalo porque teremos máis feito e imos demostrar aos coruñeses que somos moi bos e que non saben o que se perderon.

E Alternativa presentarase en máis concellos aínda.

Case con toda seguridade, si, polo menos en todos os concellos da área metropolitana, non moito máis.

Bueno, e Alternativa vaille dar autonomía ao alcalde en Carral e aos edís no resto de concellos ou van ter que consultar con vostede?

Eu doulles plenos poderes aos concelleiros. Aquí, na súa área, teñen autonomía para facer e desfacer. Reunímonos dende sempre todos os martes de oito a once da noite para falar de todos os temas. E respecto ao resto, Carral vai aplicar as políticas de Oleiros e aquelas que el crea que debe aplicar, e vai ter colaboración total. En Carral, Javier, o alcalde, é unha persoa demasiado sa, hai que coidar de que os insanos non lle fagan dano a Carral. E para eso estaremos nós.

Houbo o ruxe ruxe, o sábado da toma de posesión, de que unha hora antes, en Sada, era alcaldesa a candidata de Alternativa, co voto tamén do PP.

Eso é mentira todo, bulos interesados. De feito o PP se postulou antes. Nós non falamos co PP nin co PSOE. Falamos con Benito, bueno, con Benito non, cun concelleiro e outros dous máis. Houbo tres reunións con Sadamaioría. Non lle iamos dar un cheque en branco. Era a lista máis votada, dixémoslle que non ía ter problema para gobernar. Pero creo que ter esa garantía, pensar que era o máis votado e que ía saír... Pero iso non é pensar ben. Na lexislatura anterior había un partido que lles deixou facer o que fora por odio ao PP, non pedían nada a cambio. E o PSOE, algo incordiando, pero non tiveron ningún problema, pero nestes catro anos, que fixeron en Sada? O parque infantil? Hai que ir polas aldeas. Pedímoslle por escrito un compromiso, onde ía centrar o esforzo. Hai parroquias carentes de beirarrúas, algunas sen alcantarillado, outras con graves problemas de auga. Para nós esto é prioritario, non tapar unha pista deportiva, con esos cartos pos auga en dez núcleos.

Pero están en minoría, aínda poden chamalos para entrar no goberno, como en Bergondo, non pechou portas.

Por que un acordo antes non e si unha semana despois, que diferencia hai? Están a ver quén interesa máis, se podo facelo solo. E non é cousa de postos, pero faltaba máis que se entramos no goberno non teñamos postos. Xa na primeira reunión deixamos claro que queriamos Educación e Deportes, áreas ligadas ao perfil da candidata, non pediamos outras áreas máis importantes, coma Facenda, Obras, Urbanismo, Servizos Sociais. Estamos abertos a acordos, pero non a temas puntuais, queremos firmar un documento de compromiso de onde se van gastar os cartos, de priorizar auga, alcantarillado e beirarrúas. Primeiro o básico, despois os grandes fastos.

E en Cambre, intentaron sacar a Patiño apoiando ao candidato do PSOE.

Pretendía facer unha coalición co PSOE e todas as forzas excepto Patiño e o PP. Nós en ningún momento falamos para meter ao PP no Goberno, eramos o Bloque, o PSOE e nós. Ao final obligaron ao candidato do PSOE a dimitir. Dentro de pouco veremos que Patiño entra no PSOE, e será a gran familia do PSOE.

Nos concellos nos que Alternativa ten presenza, como vai ser a oposición que van facer?

En Bergondo temos participación no Goberno, entente total. E no resto imos facer unha oposición leal. Apoiaremos todo o que entendamos que é positivo pero o que entendamos que é irregular ou raia na ilegalidade, o imos a combatir, incluso denunciándoo nos tribunais se fai falla.

No pleno de investidura a oposición foi bastante conciliadora en xeral menos o Partido Popular, que fixo un discurso incluso feroz.

Ese discurso que fixo o do PP non era del, teño un concepto distinto del, era un mandado. O discurso que fixo non aportou nada e fixo un ridículo espantoso, incluso ante os do seu partido.

Todos os partidos no seu discurso lle pediron catro anos de boas formas e respeto nos plenos, alcalde. Ciudadanos díxoo máis expresivamente: quere "buen rollo".

Non pode haber bo rollo se hai ese tipo de actitudes coma a do PP. Se me calumnian... según me tratan eu trato. Levan corenta anos dicindo que son agresivo. Nunca lle peguei a ninguén. Outra cousa é que teña unha voz forte e diga as cousas directas e sen voltas. Se me difaman haberá que contestar.

E xa falando do eido local, en Oleiros... Ten varias obras en marcha, xa adiantou que non haberá grandes proxectos nesta lexislatura, pero o auditorio Arena de Bastiagueiro anunciado?

A prioridade, para Oleiros e para a comarca, son as infraestruturas viarias. É o reto, aquí hai uns colapsos tremendos, sobre todo o cruce da N-VI e a Ponte Pasaxe, o ministerio ten que actuar. Sol y Mar leva con proxectos aprobados definitivamente dende 2007. E leo que A Coruña non se plantexa a obra de Alfonso Molina. Entón por onde imos? E en Madrid non van arranxar os problemas da Coruña. En Oleiros a prioridade será manter o feito, temos moito, e o custo de mantelo é alto.

Xa vin que fixeron a explanación na zona donde vai o novo campo de fútbol do Dorneda, frente ao pazo. Cando empezan as obras? O clube leva tempo demandándoo.

De entrada a empresa limpou e explanou, había unha loma bastante inclinada. Agora está explanado para cando nós decidamos facer o campo de fútbol. Pero a prioridade neste momento é o campo de fútbol de Mera. No orzamento vai unha partida importante para facer este ano a primeira fase, e esperamos facer a contratación da obra antes de que acabe este verán. Dámoslles prioridade por razóns estratéxicas, de equilibrio territorial, agora a zonanorte é a que necesita máis.

Voulle preguntar pola súa valoración dos novos alcaldes da comarca, breve, nunha frase. Inés Rey da Coruña.

Ten que asesorarse moito, e con xente que a asesore ben, antes de tomar decisións.

Benito Portela, de Sada

Tiña un concepto del que estos días me cambiou un pouco. Ten que participar un pouco máis directamente nas cousas e deixarse de recadeiros.

José Antonio Santiso, Abegondo.

Ten moitas ocupacións. Moitos frentes, ten que ir pensando en deixar algún.

Javier Gestal, alcalde de Carral.

É unha marabilla de persoa, vai facer un bo traballo porque xa o facía de funcionario, non caciquil. Espero del unha gran xestión e contará con todo o meu apoio e o de Alternativa dos Veciños.

Carlos Calvelo, Arteixo.

Teño un concepto bo del como persoa, outra cousa é o PP de Arteixo. Creo que é un bo alcalde pero ten que coidarse as espaldas.

Alejandra Pérez, de Bergondo.

É unha alcaldesa que sabe o que ten que facer e sabe como facelo.

José Ramón Rioboo, por Culleredo.

Funcionoulle moi ben o primo de Zumosol. Está nunha nube, se baixa pódese esnafrar.

Óscar García Patiño, alcalde de Cambre.

Hai cousas que nunca aceptarei do Concello de Cambre en políticas urbanísticas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Sorteos

Manuel Carrasco llega a A Coruña para ofrecer un concierto de su gira La Cruz Del Mapa en el Coliseum el 27 de julio. Sorteamos 3 premios de 2 entradas para que veas el concierto con quién tú quieras.


Selectividad 2018 A Coruña

Aprobados Selectividad A Coruña 2019

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


esquelasfunerarias.es