O Grupo de Baile e Gaitas Santaia de Santa Cruz fará unha actuación mañá sábado en homenaxe á exalcaldesa falecida o pasado febreiro Esther Pita, madriña da agrupación. A actuación terá lugar a partir das dez da noite na praza que leva o seu nome en Santa Cruz. Se chove faráse no polideportivo de Meixonfrío. O grupo ofrecerá o espectáculo etnográfico denominado Madriña, dentro do seu traballo de recuperación da tradición folclórica galega. Presentará unha escolma de pezas musicais e de baile tradicional coma xotas, maneos, muiñeiras, foliadas, valses ou pasodobres.