O municipio Sada contará cun variado programa de actividades dende hoxe ata o sábado. Hoxe celebraranse varias de forma simultánea. No pavillón municipal haberá unha gala de ximnasia artística organizada polo Club Ximnasia Tempo. De cinco a sete da tarde na biblioteca municipal programarase unha sesión de lectura coa cadela Nora, para animar a ler aos máis cativos. Ás oito da noite ademais haberá un obradoiro de doces sen azucre no local de Carnoedo organizado pola asociación de veciños. Hoxe tamén se celebra ás nove da noite a Andaina Noctura Solidaria que organiza Cruz Vermella.

Mañá sábado haberá Torneo de Futvóley na praia das Delicias organizado polo Club Arre Demo. Ás oito na praza Suárez Picallo tamén se fará un espectáculo de rúa. Na OMIX a esta hora, un obradoiro de cómic.