O Grupo de Baile e Gaitas Santaia de Santa Cruz amosou o pasado sábado o seu espectáculo etnográfico Madriña (na imaxe), un acto de fin de curso e de homenaxe tamén á que foi a súa madriña e unha das fundadoras, a exalcaldesa falecida este ano Esther Pita. Case un cento de músicos e bailadores actuaron na pista de Meixonfrío baixo a dirección de José Luis Vázquez Rosales. Ahora o grupo inicia a tempada de actuacións estivais. A primeira será o 20 de xullo, con motivo do Día da Patria, en Santa Cruz.