Do 16 ao 19 de xullo impartiráse na Casa da Cultura de Sada o curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela Arredor de Meirás: historia ou presente?, dirixido polo máximo experto, Emilio Grandío. A matrícula do cursiño é de 120 euros (máis 16 de seguro obrigatorio), pero a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña anunciaron que os que queiran matricularse poderán optar a unha das dez bolsas de 70 euros que se repartirán por orde de solicitude.

Os interesados deben dirixirse ao correo electrónico comisionsuarezpicallo@gmail.com o a través do teléfono 665 801 557. O plazo para solicitalas xa se abriu onte e rematará o 5 de xullo. Este curso de verán inclúe catro xornadas con ponencias, mesas redondas e unha visita guiada ao pazo de Meirás. O obxetivo é facilitar unha reflexión e debate sobre a natureza do franquismo.