"Máis antiga que a Bayer e case tanto como os Merk, a farmacia do doutor Couceiro Serrano non perdeu o seu carácter familiar nin a súa vocación de servicio". Así falaba al alcaldesa de Betanzos, María Barral, na entrega da Medalla de Prata do Concello a este negocio que cumple tres séculos, tras nove xeracións de farmacéuticos. Os betanceiros queren recoñecerlle así, segundo a rexedora, "o seu traballo, tesón e sabedoría e ter levado o nome de Betanzos máis aló das nosas fronteiras".