28 de julio de 2019
28.07.2019
La Opinión de A Coruña
As frases máis 'chuscas' do alcalde na última década

Gelo, o rei do 'show'

O alcalde de Oleiros ten deixado frases das máis chuscas, sobre todo en plenos, nos que se refiere a si mesmo como 'capitán Trueno' o 'torito'

27.07.2019 | 21:39

O alcalde de Oleiros é un político ao estilo americano. Ningún do Estado españolse lle asemella en canto ao falar natural, nada de imos implementar, paquete de medidas, folla de ruta. Fala como os galegos de sempre, sen cancelas. Á naturalidade súmalle o sentido do humor, contra os outros e contra el,un signo de intelixencia. Non hai moitos rexidores que se disfracen cada ano no Entroido. O alcalde dun dos dez concellos máis importantes da comunidade autónoma por poboación, e o primeiro por renta, témolo visto arrastrándose polo escenario disfrazado de caracol.

Ao longo desta última década, foron moitos os plenos, entrevistas, intervencións na radio, roldas de prensa. Na prensa recóllense as noticias pero poucas veces as chispas, chascarrillos, chanzas e demais. Este é o listado dalgunhas das frases que máis risas xeraron. Dende 2009 ata hoxe, se algo queda claro é que a Ángel García Seoane aínda lle segue custando falar de euros, normalmente dí as cifras en pesetas, e cando pasa a euros, sáenlle millóns de máis.

Seoane tira sempre de refráns, pero prácticamente nunca os dí de forma correcta ("Nos vemos sin novio y descompuestos', nun pleno en xaneiro de 2010) porque se lle esquece ("Onde digo Diego, digo equis"), normalmente a primeira parte é dun e a segunda, doutro. Ás veces mestura refráns con muletillas e frases feitas, facendo difícil atopar o significado como: "Por San Martiño, tiempo y saca, ojo al parche", que soltou no pleno do 27 de febreiro de 2015.

Inventa palabras, a propósito, coma ladronicio ou burrocracia, e ten outras que son xa marca da casa polas veces que as repite: politiqueros, manda truco, peperos ou veñan chuscos e pasan días. É habitual tamén oílo nos plenos referirse a sí mesmo como o sheriff, o capitán Trueno, un toro, un galo. E menospreciar aos edís da oposición, que xa teñen protestado .

AS FRASES DE ÁNGEL GARCÍA SEOANE

"Vótannos os de esquerda, os de dereita e os de marcha atrás"

"En este país fai falla xente traviesa, impetuosa, que tire para adiante"

"A finca da señora Primitiva, que é bastante primitiva, non pon máis que atrancos. Falou conmigo trinta veces"

"Ata Feijóo dixo que Oleiros era un dos municipios máis bellos de Europa. Espejito, espejito, ¿quién es la más hermosa? Oleiros"

"Entre con 26 anos e vou facer 59 e ningúen pode demostrar que fun ou son un delincuente. Poucos políticos poden decir o mesmo"

"Hai que deixar de financiar desembarcos de Normandía, carreiras de burros e festas da cervexa. En tempos de crisis hay que potenciar a arte" (en Alfaroleiros)

"En Xaz o solo para o campo de fútbol xa nolo vai dar o promotor. Manda carallo. Ésa é xestión pura e dura. Manda carallo"

"A Xunta estase levando un diñeiro de rococó"

"Que pouco me pagan en relación ao que fago"

"Non me fan falla armas, fixen iudo moitos anos"

"De esos posos, estos lodos"

"Vánse encher de carallo de comer margaritas [ao PP]"

"Se non tivera a situación familiar que teño, era dos primeiros en ir  batallar polo pobo palestino na guerra"

"A Coruña quere tomarnos o pelo [por el Consorcio]. O pelo xa mo toma Otilia Mejuto [a súa muller], que me corta o pelo hai anos e afórrome un dineral"

"Onde digo Diego, digo equis"

"Vostede é un pequeno dictador pero está jodido porque aquí hai outro máis grande"

"Fun víctima de 128 pleitos en toda a miña vida política e nunca se me pudio demostrar nada"

"É difícil meterme o estoque. Cando o toro turra, turra a Dios"

"Este toro é moi bravo paravostede, caballero. Nesta plaza non hai toro que se me resista"

"Son 61 millóns de euros. En español, 10.000 millóns de pesetas"

"Agora sí que vou presentar denuncia nos tribunais. Porque a  impotencia que pasei por non poder darlle unha hostia a algún..."

"Desafinan como porcos"

"Son o Capitán Trueno"

"Son Supermán"

"Son un torito bravo"

"Co capitán Gelo ao frente, Alternativa está abrindo a costa ao público"

"Aínda quedan bastantes huevos. Sin romperse"

"Hai un can enorme dunha veciña que defeca todos os días aquí diante, nunha esquina do Concello, sempre polas mañás deixa alí un pastel. Non imos poñer guardias a vigilar quecome o can"

"Aínda estou de bon ver, aínda podo escoller"

"Hai que dicirlle a Industria que lle diga a Fenosa que mande recibos que entenda todo o mundo e non só catro iluminados"

"Eu non son de fotos, o que quere fotos é vostede que anda de guaperas polo mundo" (a Diego Calvo, na Diputación)

"Non conte mentiras, que despois lle crece determinado órgano"

"Hai galos de corral e polos de granxa nos que está vostede incluido. Logo din que os insulto"

"Hay un galo de corral que son eu e vostedes, polos de granxa, pollitos, non chegan sequera á categoría de polos"

"De rodillas non me vai ver ninguén. Primeiro cortesmente, despois como Corcuera, coa patada na porta"

"Oleiros é transparencia, ven a ser coma unha praia nudista, vese todo, estamos en bolas"

"Que pouco me pagan en relación ao que fago"

(Sobre a acusación de que vai á piscina no coche oficial) "O alcalde ten que estar ben de saúde para darlle a lata a todos os que o queren joder"

"Non confundir churras e merinas"

"Esto é un ladronicio"

"Os coches oficiais non son para ir facer a manicura nin levar os nenos á escola. A piscina forma parte do traballo do alcalde e non se oculta a ninguén"

"Con facer dúas chuminadas, Labarta abriría en outubro"

"Nos vemos sin novio y descompuestos"

"Non se lles pode deixar os papeis que se traburran"

"Aquí as pezas fanse de barro, non de plástico ou como fan por aí, con células madre"

"Estaremos coa escopeta cargada para que se faga o colexio"

"A fundación fai orellas xordas"

"Que cada verga aguante su palo (risas no pleno). Non, que cada palo aguante su verga (máis risas). Bueno, eso"

"Non creo que teña ningún tanta sabiduría como eu da historia de Oleiros"

"Facenda somos todos, din. O carallo do 29"

"De tácticas sei de carallo. Hai poucos que me fastidien"

"Eu teño unha varita máxica, saco a chistera porque son un mago, e pap, aparece el conejito"

"A oposición viña a un circo e tivo que marcharse porque non había paiasos nin feras"

"Foi a man divina do señor Gelo. Son o anxo da garda deste concello"

"É vostede un pollito. Mellor para nós que sexa vostede o candidato. Non me chega nin ao calcañar"

"Xa me presentarei tamén ás galegas, que aínda estou moi rufo para o campo de batalla"

(Sobre as críticas da oposición por que o alcalde  sobrepase o tempo nas intervencións) "El alcalde habla hasta que se cansa"

"Temos que cobrar un salario para non roubar"

"154 millóns de pesetas costa tirar da cadea en Oleiros, só para enviar a A Coruña as residuais"

"Por San Martiño, tiempo y saca, ojo al parche"

"Veu dramatizado"

"Aquí aínda hai un sheriff" (referíndose a sí mesmo)

"Fun alí coma o raio transparente"

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es