Por que decidiu facer este proxecto sobre Sabón?

Como homenaxe a miña familia, principalmente aos meus avós, que sufriron nas súas carnes as expropiacións e ese saqueo nun momento complicado das súas vidas. Igual que o resto da veciñanza, xente que vivía do agro e que dun para outro quedaron sen a súa fonte de ingresos.

As expropiacións foron tan traumáticas para os veciños?

Arteixo ata o ano 65 vivía do que vivía, do agro.Entón,tesque pensar que aquí non había ningunha industria e a súa fonte de ingresos principal eran esas terras. Quedaron sen elas dun día para outro.Non houbo ningunha persoa que conseguira traballo polo feito de ser expropiado. Imaxínate como sería.

Por que 12 Leiras?

Doce foron as leiras que lle expropiaron aos meus avós.

Notaron que os veciños tiñan a necesidade de contar isto?

Hai cousas concretas que si. Temos unha das testemuñas, Carmen do Rexedoiro. Deume a impresión de que esperaba que alguén preguntara por Sabón para soltar iso. Foi o que sentín. Porén, aquí non houbo protestas. Estamos en pleno franquismo. Pobre do que protestara. Ano 65, vaille protestar.

De canto foron as compensacións?

Sabón quedou dividido en parcelas de tres categorías. De calquera xeito, irrisorio.

Non daba para construir outra vivienda?

Para nada.

Con este documental pretenden reivindicar o pasado agrario de Arteixo?

Reivindicar o pasado agrario e a memoria. É algo do que nunca se falou.

Por que houbo que esperar 60 anos para que alguén contase esta historia?

Podo falar domeu caso, como neto de expropiados, xa que tiña esa necesidade de contar o que escoitei de neno.

Tan grande era esa necesidade que tiña?

Foron moitos momentos de escoitar ese sufrimento.