O Partido Popular presentou un escrito para ampliar o recurso de reposición que formulou o 17 de setembro contra o decreto de Alcaldía do día 3 polo que se aprobou definitivamente a adxudicación de parcelas municipais en poxa, entre elas unha á esposa do alcalde. Amplían o recurso por un decreto posterior onde a cónxuxe manifestou que escriturará a seu nome e ao do rexidor, pois o PP cré que pode existir "conflicto de intereses".