Presentado por Xurxo Souto e organizado polo BNG de Oleiros, onte celebrouse en Mera un acto de recordo dos mariñeiros da localidade que fuxiron en barco o 7 de outubro de 1937 dende o porto cara Francia fuxindo da represión da ditadura franquista. Case todos remataron pasando polo cárcere.