O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o seu homólogo da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, asinaron onte un convenio polo que a institución provincial financia a programación cultural da entidade durante o presiente ano.

A Deputación achega 60.000 euros para programación anual da academia, que inclúe actividades como os cursos de verán de lingua e cultura Galego sen fronteiras para persoas de fóra de Galicia, a fase de finalización dun estudo sociolingüístico sobre competencias e usos do galego na infancia, as actividades expositivas e didácticas da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán ou a actividade Primavera das Letras, que este ano achegou aos escolares da provincia a figura de Antón Fraguas.

González Formoso gabou o traballo que desenvolve a academia da lingua na promoción da lingua e cultura galegas.