Sada súmase por cuarto ano consecutivo á campaña En negro contra as violencias. O obxectivo é amosar o rexeitamento de toda a sociedade sadense á violencia contra a muller con motivo do Día Internacional da Violencia contra as Mulleres. O Concello invita a sumarse á veciñanza, comercios e locais de hostalaría.