O centro cívico de Arteixo acolleu onte a presentación do libro A secreta melancolía da garza, que recopila os traballos gañadores dos últimos tres anos. Os autores deses traballos son José Antonio Lozano, Mercedes Leobalde e Tiago Alves Costa. No mesmo acto tamén fixéronse públicas as bases da edición do certame do próximo ano, segundo informou o Concello.