Falar 21 días en galego. Ese foi o obxectivo que os alumnos e alumnas do instituto Afonso X O Sabio decidiron cumprir nas últimas semanas. Como parte do programa 21 días co galego, os estudantes de todos os cursos de Secundaria tomaron parte nesta iniciativa a través de diferentes concursos. Onte foi a clausura. Cambre foi un dos tres institutos da provincia que participa na iniciativa, impulsada pola Xunta.