O colexio Ponte dos Brozos de Arteixo foi o gañador na categoría de Infantil dos premios Nós tamén creamos!, organizados pola Xunta. Fíxoo coa curta Cantas pingas na cidade. O alumnado do centro acudiu onte á entrega do galardón en Santiago de Compostela.