Con motivo do Día de Rosalía, o centro escolar de Galán organizou un encontro co alumnado da parroquia de Oseiro, ponde naceu Manuel Murguía, marido de escritora. Foi un encontro onde una persona caracterizada como Rosalía de Castro levou o seu espectáculo Tecín soia a miña tea e fixo un repaso pola súa biografía e obra. Os asistentes recitaron os seus versos e demostraron o que sabían da súa vida, aínda que tamén lle fixeron preguntas e coñeceron moitas curiosidades que a poeta lles contou. Houbo representación teatral, dramatización da súa obra e participación do alumnado. Na última sesión estaba o grupo de tres aniños que recitou en grupo Adiós ríos, adiós fontes e Airiños, airiños, aires.