O partido suízo Ensemble à gauche (Xuntos á esquerda) conta nas súas filas cun político que é orixinario de Cerceda e de Carballo. Trátase de Javier Brandón, que anteriormente formaba parte do partido socialista, pero que decidiu abandonalo debido a que en moitas ocasións acercábase demasiado a "dereita liberal" nas súas decisións. Agora preséntase ás eleccións locais do 15 de marzo pola cidade de Carouge, unha comuna dentro do cantón de Xenebra. Brandón asegura estar "saíndo moito á rúa" e "falando cos electores".

Como afronta estas eleccións municipais en Carouge?

Pois afronto estas eleccións coma sempre, como se fose a primeira vez e co mesmo ánimo e ilusión. Intentar facelo o mellor posible durante a campaña, sempre pensando na xente que vive a diario no meu concello, sobre toda á máis desfavorecida.

Espera poder saír elixido?

Espero saír elexido, pero iso ten que decidilo a xente nas eleccións. Como dixen antes, estou facendo unha campaña saíndo moito a rúa e falando cos electores.

Antes foi polo partido socialista e agora pola coalición Ensemble à gauche, por que este cambio?

O cambio vén do partido socialista suízo que ao meu xuízo toma moitas decisions acercándose á dereita liberal. As miñas ideas non cambiaron, só que me encontro agora nun partido de esquerda co que comparto as ideas que teño de sempre.

É moi diferente a política en Suíza da de España?

Pois para min si, é moi diferente, na política en Suíza búscase máis o consenso entre todos os partidos que en España. Eu noteino nas últimas xerais, para min o que pasou na investidura do mes de xullo do ano pasado foi unha risa e unha falta de respecto cara aos españois. Nunca deberon repetirse as eleccións despois en novembro, había que chegar xa a un acordo nas primeiras.

Que debería copiar España da política de Suíza?

A política española o que debería copiar de Suíza é o respecto que hai das institucions por parte de todos os partidos que gobernan e o entendemento que hai por parte de todos os deputados entre eles. Aquí os parlamentarios son moito máis serios que en España.

O sistema político a nivel local en Xenebra é mellor ou peor que o de España?

O sistema político local en Xenebra para min é mellor que o de España, polo mencionado antes, o respecto as institucions e a seriedade dos parlamentarios. Non sempre están de acordo pero inténtase chegar ao máximo de veces a acordos polo ben da xente que vive na nosa cidade.