20 de marzo de 2020
20.03.2020

Curso 'online' de Interpretación do Patrimonio no Ceida

19.03.2020 | 22:01

O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) acaba de abrir, desexando que "esta situación tan difícil na que nos atopamos remate canto antes", o prazo de inscrición para a edición número 23 do curso básico online de Interpretación do Patrimonio dirixido a todos os públicos interesados. Deste xeito, será outra oportunidade de formación, de aprender a distancia nestes momentos nos que hai que estar na casa. O curso é de pago, 90 euros, e ten prazas limitadas. O obxetivo é adquirir destrezas para interpretar o patrimonio de forma relevante e amena para o público visitante.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es