03 de abril de 2020
03.04.2020
La Opinión de A Coruña
Roberto Babío

"Somos sector esencial, quero ir traballar ao mar pero non hai pezas para o motor"

"Andamos ao aparello pero agora ía saír ao polbo, que aínda mantén algo o prezo"

02.04.2020 | 21:21
Roberto Babío.

A maior parte da frota do porto de Lorbé non sae traballar polo baixo prezo do peixe e o perigo de contaxio coa dificultade de gardar as medidas de seguridade nun barco. Pero Roberto Babío, veciño de Oleiros, patrón do Segunda Emma (de case once metros de eslora) e armador, si quere ir ao mar pero non pode.

O problema é que tivo unha avaría e non lle dan subministrado pezas, non?

Hai unha semana rompeunos a redutora do motor do barco, pedimos pezas a Bilbao e a outra empresa, pero nin collen o teléfono. Somos un sector necesario, esencial, pero as empresas que fan as pezas, torneiros, non, así que non nos facilitan que sigamos traballando. Hai que facer unhas pezas que van dentro da redutora, pero non traballan os que as fan. E de segunda man non serven porque son distintas á que teño eu. Eu non podo saír ao mar e non estou facturando. E teño un empregado, un mariñeiro que ten familia e non pode estar sen gañar cartos tampouco. E eu teño que pagar Seguridade Social, o local do porto, ao xestor, etc.

Moitos mariñeiros non saen ao mar polo baixo prezo do peixe.

Nós andamos normalmente ao aparello pero agora ía saír ao polbo, porque aínda mantén un pouco o prezo porque as conxeladoras aínda compran. Pero así non podo facer nada, teño que estar amarrado. O Goberno ten que dar facilidades, ou axudarnos ou facer que poidamos desenvolver o noso traballo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es