O BNG de Betanzos propón ao Concello abrir un banco de locais comerciais baleiros e en desuso que se oferten en réxime de aluguer accesible, entre outras medidas para apoiar ao comercio local, un sector "estratéxico" para o concello e que está sufrindo "o máis duro" da crise. O voceiro nacionalista Henrique del Río sinalou que algunhas das propostas xa llas fixeron aos responsables da asociación de comerciantes, Acebe, por videoconferencia hai unha semana. O Bloque tamén apela á necesidade de facer políticas fiscais desde as distintas administracións para que baixen os gastos fixos de mantemento dos negocios.