Dignificar espazos esquecidos, descoidados e colonizados polo automóbil nun arredor tan privilexiado como é o casco histórico de Betanzos, é un dos obxectivos do proxecto que acaba de sacar a contratación o Goberno local para reordenar dúas prazas, Paio Formoso e Matadoiro, ademais de parte da rúa Mariña. A licitación saíu por un orzamento de 237.000 euros.

O proxecto (redactado xa en 2017) prevé humanizar estes dous espazos e recuperalos para os veciños, para que sexan prazas coa súa función natural, a da relación social e o lecer e descanso, polo que a obra inclúe executar zonas axardiñadas e instalar bancos, ademais dun pavimento de lousas de granito.

Na praza Paio Formoso reservarase para o peón o acceso directo fronte ao paseo Antolín Faraldo , desprazando o acceso rodado ao Malecón, fronte ao río. Deste xeito haberá espazo para poñer bancos e unha zona de xardíun con árbores e zona de aparcamento.

Na praza do Matadoiro a actuación ten como fin realzar este emblemático edificio acabado en 1910 (rehabilitado en 2006, e con remates en 2009). Foi antigo matadoiro municipal e agora é centro sociocultural e acolle tanto exposicións como concertos e outros eventos.

Por esta razón o proxecto do Concello plantexa colocar unha beirarrúa de granito xunto ao peche do inmoble para impedir que aparquen os coches como ata agora, que moitas veces non deixan nin pasar á xente. Nun lado tamén haberá máis bancos e incluso mesas de xadrez e zonas de xardín con flores e arbustos.

Tamén se pavimentará de novo toda a rúa con formigón. O único servizo que foi renovado nesta zona foi o abastecemento de auga, polo que agora ademais renovaráse todo o saneamento, con novas acometidas, tamén na rede de pluviais (sustituiránse pequenos tramos que ainda quedan de tubería de fibrocemento). Instalaráse nova iluminación con luz led que sustituirá á de vapor de sodio.

Nesta zona agora existe unha araucaria. No proxecto prevese a tala dunha árbore. Prantaránse pola contra un liquidambar, un acivro e arbustos como a abelia e a potinia.

Nestas prazas hai locales que poñen terraza e para os que esta mellora tamén repercutirá positivamente.