O Concello de Arteixo anunciou os gañadores do certame de narracións breves Manuel Murguía, no que este ano o primeiro posto recaeu en Patricia Torrado Queiruga, co seu traballo Silencios náufragos. Recibirá 4.000 euros. En segunda posición, cun galardón de 1.500 euros, quedou Esteban Brea Castro, con O última día do Outono, e en terceiro lugar, Alejandro Mene Pazos, con A herdeira. Neste último caso ten un premio de 600 euros.

O xurado xustifica a súa decisión na procura de textos equilibrados, tanto "na concepción dos personaxes coma na linguaxe empregada ou na dosificación da historia". Tamén salienta a "diversidade" das obras gañadoras.