07 de junio de 2020
07.06.2020
La Opinión de A Coruña
Miguel Becerra - Usuario do centro ocupacional A Escada (O Burgo)

"Boto de menos ver aos compañeiros, pero na casa fago moitas cousas"

07.06.2020 | 02:40
"Boto de menos ver aos compañeiros, pero na casa fago moitas cousas"

Miguel Becerra, usuario do centro ocupacional A Escada, asegura que leva ben o seu día a día sen a actividade que adoitaba desempeñar xunto cos seus compañeiros, aínda que admite que os bota en falta. "Sí boto de menos que abra o centro para ver aos compañeiros e facer traballos con eles, porque alí relaciónome moito cos amigos. De vez en cando chámoos por teléfono para ver como están", afirma. Amósase dacordo, porén, con non reabrir aínda para o que queda de xuño —A Escada pecha en verán—, porque "sería perigoso para a saúde". Becerra aclara que "ao vivir nunha casa, non é coma nun piso". El aproveitou o tempo coas vantaxes da súa vivenda. "Na casa fago un montón de cousas: estou fóra, xogo ao baloncesto, ando nunha bici estática, fago ximnasia nunha esterilla, fago sopas de letras, que me gusta moito...", conta. Pola contra, compañeiros que viven en pisos "non o pasaban tan ben, aburríanse sin poder saír".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es