O Concello de Betanzos vén de trasladarlle a LA OPINIÓN o seu malestar pola viñeta publicada en relación a Betanzos e o COVID19. Respectamos a liberdade de opinión, a liberdade creativa e recoñecemos o traballo e traxectoria de Santi Gutiérrez. Agora ben, entendemos que nunha situación coma esta hai certos límites que non se poden pasar xa que está en xogo non so a saúde, senon tamén a economía. Trátase dun foco controlado e unha situación controlada (afortunadamente) da que ningunha outra localidade nin ninguén está libre de padecer, por desgraza. En Betanzos, a día de hoxe, soubemos reaccionar a tempo, seguindo os protocolos establecidos por Sanidade. Que esta situación, alguén, a utilice para facer humor non podemos deixalo pasar por alto, como así llo temos trasladado desde o Concello de Betanzos á dirección de LA OPINIÓN.