O BNG das Mariñas homenaxeou onte ao escritor e xornalista Antolín Faraldo polo aniversario do seu nacemento (por adiantado, xa que faleceu o 2 de setembro de 1823). Este ano o acto limitouse a unha sinxela ofrenda floral ante o seu monumento en Betanzos debido á situación sanitaria. A portavoz municipal nacionalista Amelia Sánchez lembrou o "camiño que iniciou" Faraldo cara o "movemento social", o nacionalismo galego, as Irmandades da Fala.