Nacidos no seo dunha asociación cultural en Arteixo como cuarteto tradicional, o sexteto Dequenvessendo presentará o 18 de setembro no teatro Rosalía de Castro da Coruña o seu primeiro disco, Canto das Xacias, tras avanzar a semana pasada o seu primeiro corte, Muiñeira d'a Cabra.

O seu grupo explica que bebe da tradición para actualizar o folk galego. Que queren aportar?

Quixemos aportar, o primeiro e o máis persoal, a nosa visión do folk galego, e tamén a nosa visión da tradición, tanto na parte mitolóxica, na que nos estamos centrando un pouquiño, como tamén na música traicional, a nosa interpretación dela. Comenzamos sendo un cuarteto de música tradicional e pouquiño a pouco fomos transformando o grupo, engadindo novos membros e convertíndonos no proxecto que somos agora.

Falan da experimentación sonora. Coida que van máis aló do que foron ate agora grupos con base no folk galego?

Experimentación sonora non sei... mestura de diversas sonoridadess Aínda que sexa un grupo folk, sí que temos cada un un gusto musical un pouco diferente e aí moitas veces ao final, ao estar entre todos facendo as pezas, moitas veces se notan as influencias doutros estilos.

Cales destacan?

Hay parte de heavy metal, o punk ten así bastante peso dentro do grupo... Son estilos que nos gustan. Non no corte inicial, pero noutros pódense ver certos matices deses estilos, todo adaptado ao folk, claro.

Beben de grupos como Luar na Lubre, que fundou seu pai. Que hai en Dequenvessendo deses grupos que xa non?

Hai moitas cousas en que nos imos parecer, son os nosos mestres e os nosos pais musicais, e no meu caso tamén biolóxico. Estámonos iniciando na nosa primeira andaina. Neste último formato levamos dous anos. Hai moitas cousas que se van asemellar a Luar na Lubre pero outras certas cousas, no son, xa nos separamos un pouquiño. Aínda que vai haber matices clarísimos deles, no son empezámonos a separar en estética, no diseño do CD...

Buscan afondar no imaxinario galego. Por que as xacias? E que máis aparece no disco?

As xacias porque son uns seres mitolóxicos que na cultura galega non teñen moitísimas lendas, non é como os mouros ou os trasnos, que sí que podes atopar moitas lendas. Por iso, porque é un ser mitolóxico en certa forma raro, non é un que coñeza todo o mundo. E cando limos a lenda de Ramón do Castro sobre as xacias gustounos moito e decidimos traballar arredor dela. Ademais, podemos atopar moitísimas referencias que dentro do imaxinario popular e mitoloxía se fan ao culto que hai relacionado coa auga, coas fontes. Toda a relación que hai dende a cultura galega cara as aguas.

Nacen en Arteixo, no seo da asociación cultural Triskell de Armentón. Como marca iso o proxecto?

Nós comezamos como un cuarteto de música tradicional en 2016. Empezamos na asociación cultural Triskell de Arteixo, foi onde nos coñecimos e o punto de partida. Iso marca en que esa foi a nosa primeira casa e aí foi onde empezamos a traballar, e despois marca moito no estilo de traballo que vaiamos ter: se partimos da música tradicional, pos vai ter un peso moi importante neste proxecto. Aínda que non sexan todas as pezas tradicionais, si van aproximarse na estética á tradición, tanto galega como doutros países celtas.

A presentación do disco completo, despois de lanzar a semana pasada o primeiro corte, será en setembro. Como afecta a situación polo coronavirus.

Xa se atrasou todo, a ver se melloraba, e cando empezou todo a mellorar, volveu para abaixo.

Sopesaron anular os concertos?

Xa tiña que saír todo isto antes do Covid-19, sobre marzo, abril. Pero ao chegar esto, empezouse a retrasar o traballo de estudio, porque non podíamos ir a traballar, empezaron a cancelase concertos...

Que buscan con este disco?

Ensinar un pouquiño o traballo que levamos facendo durante todo este tempo e chegar á xente e que a xente comece a valorar a música galega y a cultura galega. Cremos que hai unha importante pegada da cultura neste disco, neste traballo, a nivel literario, de lendas, para que a xente coñeza estas historias.

Que presencia teñen as letras ou a cultura galega no traballo?

A lenda da xacia de Chouzán de Ramón de Castro é o fío condutor. É un disco conceptual. A poesía tamén é parte impotante: hai pezas de poetas como Luis Maquieira, Carles Riva e de poesía oral tradicional.